El Puto Coke - Hino de Galiza

Producido por: El Puto Coke

Letra de Hino de Galiza

E mais de cen anos despois, dende a Habana, o Hino Galego vai así :

¿Qué din os rumorosos na costa verdecente
ao raio transparentedo prácido luar?
¿Qué din as altas copas de escuro arume arpado
co seu ben compasado monótono fungar?
Do teu verdor cinguido e de benignos astros
confín dos verdes castros e valeroso chan,
non des a esquecemento da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos a nosa voz entenden
e con arroubo atenden o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes e féridos e duros,
imbéciles e escuros non nos entenden, non.
Os tempos son chegados dos bardos das edades
que as vosas vaguedades cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante a nosa voz pregoa
a redenzón da boa nazón de Breogán.

Fogar de Breogán, nazón de Breogán,
Fogar de Breogán, nazón de Breogán,
Fogar de Breogán, nazón de Breogán,
Fogar de Breogán, nazón de Breogán,

Esta e a nazón de Breogán,
isto e o Fogar de Breogán
esta e a nazón de Breogán.
isto e o Fogar de Breogán